blog-details

xoves, 3 Outubro 2019

Volve Grovestock, o Grobus e A Cociña do Mar, propostas de Emgrobes para o Marisco

A asociación de empresarios Emgrobes, está inmersa nas actividades organizadas pola asociación durante a Festa do Marisco. Así esta semana preséntase a súa xa habitual feira de oportunidades Grovestock, que este ano será a primeira fin de semana da Festa: venres, sábado e domingo.

Desta maneira os clientes poderán  beneficiarse de importantes descontos nas súas compras, xa que os comercios aproveitan para desfacerse do stock acumulado de tempadas pasadas.

A asociación este ano acordou facelo na primeira fin de semana porque ao non haber festivo durante a semana, que puidera propiciar unha ponte, e con ela un maior número de visitantes, era indiferente un fin de semana que outro, polo que esperan xa poder atraer a veciños e turistas neste primeiro fin de semana.

Voltar a actualidade