blog-details

xoves, 5 Setembro 2019

Volta o cole

Despois do exitoso Concurso Canino que se levou a cabo o primeiro find e semana de setembro, este luns 2 de setembro, a asociación de empresarios Emgrobes dou comezo  a súa nova campaña de comercio do CCA de Tendas “Campaña Volta ó Cole”.

Con esta campaña quérese premiar ós clientes do C.C.A. “De Tendas” aproveitando as compras durante esta primeira quincena de setembro pola volta ó cole. A campaña consiste en premiar a todos os rapaces ós que seus país ou familiares merquen no comercio local. Os establecementos socios do CCA de Tendas repartirán entre os seus clientes vales-invitación para que os seus pequenos poidan disfrutar dunha fantástica festa que Emgrobes está organizando e que se pretende celebrar o próximo día 15 de setembro, domingo pola tarde na Praza do Corgo de 16.30-20.30.  A festa da Volta ó cole consiste en instalar varios xogos entre os que destacan hinchables con e sin auga e toro mecánico para o disfrute dos nenos de distintas idades, ós que poderán acceder estos nenos coas invitacións entregadas nos establecementos durante a campaña e todo amenizado a partir das 18.00 h da tarde polo coñecido Dj local Javi Solla.

A campaña realizarase durante os días 2 de setembro ata o 15, ambos incluídos, e participarán todos os clientes que merquen nos establecementos socios do CCa que participen na campaña ós que se lles entregarán polas súas compras e pola súa fidelidade estas invitacións para disfrute dos seus pequenos.

Así con esta campaña búscase continuar favorecendo ós clientes dos establemecementos asociados  que  durante  a mesma fagan as súas compras nos comercios de cercanía.

Esta campaña está enmarcada na estratexia posta en marcha por esta Asociación, para fidelizar ós seus clientes, premiar a confianza que depositan nos establecementos de O Grove no seu día a día, ó igual que outras campañas que se ponen en marcha en fechas sinaladas.

Voltar a actualidade