blog-details

mércores, 4 Marzo 2020

CAMPAÑA DO DIA DO PAI 2020

HOXE mércores DÍA 4 de marzo, a asociación de empresarios Emgrobes presentou  a súa nova campaña de Tendas “Campaña do Pai”, na oficina de Emgrobes, na rúa Luis Casais, 1, 1 de O Grove, ás 13.30 hs da mañá.

 

Con esta campaña quérese premiar ós clientes do C.C.A. “De Tendas” aproveitando a celebración do DIA DO PAI, e para iso farase un sorteo entre os participantes de SEIS PREMIOS, consistentes nun premio principal de 200E en vales compra, un de 100 € e outros catro adicionais de 50 E en vales compra que se poderán canxear no prazo dun mes nos establecementos participantes na campaña de Emgrobes.

A campaña do día do Pai realizarase durante os días 4 de marzo ata o 19, ambos incluídos, e participarán no sorteo todos os que fagan as súas compras durante este período e cubran os boletos entregados polos establecementos que participen e os repartan. Os clientes terán que cubrir un boleto cos seus datos que irán a unha urna para o sorteo dso premios. Todos os boletos participantes no sorteo terán que ir selados ou firmados polo establecemento que os entrega. O día 24 de marzo realizarase o sorteo dos premios entre todos os boletos recollidos nos comercios participantes.

Así con esta campaña búscase continuar favorecendo ós clientes dos establemecementos asociados  fagan as súas compras nos comercios de cercanía aproveitando a celebración do día do pai durante os 15 días que dura a campaña.

Adicionalmente, e ante o éxito do ano pasado, a asociación de comerciantes ten pensado saír ás rúas cun personaxe un superhéroe que represente , nos últimos días da campaña, para entregar agasallos ós clientes do CCa de Tendas que estén realizando as súas compras nos establecementos pertenecientes á asociación.

Esta campaña está enmarcada na estratexia posta en marcha por esta Asociación, para fidelizar ós seus clientes, premiar a confianza que depositan nos establecementos de O Grove no seu día a día, ó igual que outras campañas que se ponen en marcha en fechas sinaladas.

Voltar a actualidade