blog-details

martes, 4 Xuño 2019

Desembarco pirata 2019

Emgrobes leva semanas traballando na oitava edición do Desembarco Pirata, coa colaboración de asociacións culturais, Concello do Grove e da Deputación de Pontevedra. A feste vaise celebrar no segundo fin de semana de xuño e contará con distintas actividades como representacións teatrais, xogos de animación e o shopping pirata. As tendas abrirán ata as 22h e contarán con descontos, sorteos e agasallos.

Ditas actividades susténtanse no asalto dos piratas a San Vicente do Grove ocorrido historicamente nos anos 1798 e 1801. O primeiro deles comandado polo pirata El Perro e a súa tripulación a quen deixaron moi mal ferido ao cura Diego Antonio de Medina que permanecía so na casa reitoral, por aquel entón moi codiciada pola piratería e fácil de asaltar pola súa ubicación fora do control dos habitantes da vila. O segundo foi o perpetrado por outro corsario inglés que desembarcou nas costas. En ambas incursións os piratas levaron todos os obxectos de valor da igrexa e da casa reitoral.

PROGRAMA DESEMBARCO DEFINITIVO_0.pdf

Voltar a actualidade