services-details

O CCA De Tendas

O noso Centro Comercial Aberto (CCA) preséntase como o formato comercial que está a contribuír á modernización dos espazos comerciais tradicionais da nosa cidade. A súa implantación trae consigo consecuencias positivas de índole económica, social e urbana. Contribuíndo ao: aumento do emprego, o autoemprego, a democratización dos beneficios económicos e á satisfacción dos consumidores locais; o desconxestionamento das vías de comunicación, a revalorización de espazos urbanos degradados, etc.

Neste contexto, o obxectivo final do presente traballo é contribuír a mellorar e dinamizar o actual sistema comercial tradicional do Grove, no que se define o modelo comercial do Centro Comercial Aberto, os criterios de localización da súa implantación e as actuacións propostas.

Voltar